-
PROGRAMA AKADEMIA Edición 2023-2024.Curso de innovación on line gratuito para alumnos da USC
Do 12 de setembro de 2023 ao 09 de febreiro de 2024
Uninova colabora coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da USC, un programa innovador con expertos de referencia internacional que te axudará a coller as rendas do teu futuro e a levar a túa carreira ao seguinte nivel. Esta edición vaise facer en modo on line con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado. A participación terá carácter gratuíto para os alumnos da USC.
-
Campus Emprende Verán 2023
Do 19 de xuño de 2023 ao 15 de xullo de 2023
A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC lanza un Campus de Emprendemento para que o estudantado que teña unha idea de negocio baseada no seu Traballo Fin de Grao (TFG), Traballo Fin de Mestrado (TFM), tese de doutoramento ou nun concepto innovador poida desenvolver un proxecto empresarial de éxito. As persoas participantes poderán coñecer cales son os primeiros pasos para transformar a idea de negocio que incluíches no teu traballo universitario nun proxecto empresarial de éxito. O Campus Emprende Verán 2023 terá lugar de forma presencial en Compostela (Centro de Estudos Avanzados), do luns 3 ao venres 7 de xullo de 2023; e en Lugo (Edificio Cactus) do luns 10 ao venres 14 de xullo.
-
Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago participarán no IX Encontro Transfronteirizo das Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal
17 de abril de 2023
O Encontro, que terá lugar en Leça da Palmeira (Portugal) o vindeiro mércores, 19 de abril, permitirá ás Redes de Información Europea de Galicia e Norte de Portugal intercambiar experiencias e boas prácticas e explorar oportunidades de colaboración para os anos 2023 e 2024.
-
Contratación persoal 2023
03 de febreiro de 2023
No apartado transparencia desta mesma páxina (parte inferior) podes consultar as bases publicadas para a contratación temporal de persoal en Uninova. Data de publicación 03/02/2023.
-
Encontro Internacional
Do 21 de outubro de 2022 ao 31 de marzo de 2023
Compostela acollerá o Encontro Internacional de xestores do programa Erasmus para Mozos Emprendedores . • A Cámara de Comercio de Santiago e Uninova son dous intermediarios deste programa a nivel nacional. • Esta candidatura foi promovida pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago.
-
PROGRAMA AKADEMIA Edición 2022-2023 Curso de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC
Do 22 de setembro de 2022 ao 23 de decembro de 2022
Uninova está a colaborar coa Fundación Innovación Bankinter nunha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA para alumnos da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta edición, como na pasada, vaise facer en modo on line con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado, e ofrecendo aos alumnos a oportunidade de integrarse en grupos formados por estudantes de todas as universidades participantes, que son a USC, a Universitat Politècnica de València, a Universidad Loyola, a Universidad de Murcia e o IEB. A participación terá carácter gratuíto para os alumnos da USC.
-
Xornada peche proxecto Spin Up
22 de setembro de 2022
O vindeiro martes, día 21de xuño de 2022, Uninova organiza a Xornada de peche do proxecto Spin Up. O evento terá lugar a partir das 10:30 horas no salón de actos da Área Empresarial do Tambre. A xornada permitirá coñecer tamén, novos detalles do proxecto Sionlla BioTech, que captará empresas biotecnolóxicas . O principal obxectivo de Spin UP é a creación de empresas a partires da transferencia de tecnoloxía e coñecemento.
-
Programa AKADEMIA Edición 2021-2022
30 de setembro de 2021
Curso de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC A AVTE da USC e Uninova están a organizar, en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter, unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA. Nesta edición, como na pasada, vaise facer en modo on line con 3 convocatorias distintas, para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado, e ofrecendo aos alumnos a oportunidade de integrarse en grupos formados por estudantes de todas as universidades participantes, que son a USC, a Universitat Politècnica de València, a Universitat Pompeu Fabra, a Universidad Loyola, a Universidad de Murcia e o IEB. A participación na presente edición terá carácter gratuíto para os alumnos da USC, aínda que será preciso facer un depósito de 50 euros ao inicio, que lle será reintegrado a todos os participantes que finalicen o programa.
-
A Unión Europea Lanza o Programa Erasmus para Novos Emprendedores no que Uninova participa como Organismo Intermedio
Do 01 de febreiro de 2019 ao 31 de xaneiro de 2023
Uninova, a incubadora de empresas do Concello de Santiago de Compostela e da USC, participa no consorcio YEIM (Young Entrepreneurs in Motion), integrado tamén por STIC (Alemaña), Cámara de Comercio de París (Francia), Project Ahead (Italia), Bohemia EU Planners (República Checa), Informo (Croacia), Logos (Italia), ICT Cluster (Bulgaria), EUPM (Reino Unido) e INSOMNIA (España). O programa Erasmus para Novos Emprendedores é una iniciativa dirixida a axudar a novos emprendedores (New Entrepreneurs - NE) a adquirir habilidades para xestionar as sus propias PEMES. Para elo, os emprendedores terán a posibilidade de compartir un tempo (entre 1 e 6 meses) cun empresario experimentado doutro país da Unión Europea e dun grupo de países participantes (entre eles, Albania, Armenia, Bosnia-Herzegovina, Antigua República de Iugoslavia, República de Macedonia, Islandia, Montenegro, Moldavia, Serbia, Turquía e Ucraína). A maiores, desde abril de 2021, tamén é posible realizar estadías en países de fóra do espazo Schengen, concretamente Estados Unidos, Canadá, Israel, Taiwán, Corea do Sur ou Singapur (nestes casos, a duración das estadías podería ser entre 1 e 3 meses).
-
ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS GLOBAL
28 de abril de 2021
O programa europeo de intercambio de emprendedores e empresas EYE GLOBAL (enmarcado dentro do ERASMUS For Young Entrepreneurs) é unha iniciativa da Unión Europea na que UNINOVA, incubadora de empresas do Concello de Santiago de Compostela e da Universidade de Santiago, participa como Organismo Intermediario (Intermediary Organisation) desde hai varios anos.
-
Xornada de Networking Transfronteirizo. Proxecto Spin_UP
09 de novembro de 2020
Dende Uninova estamos a organizar para o vindeiro día 25 de novembro, unha xornada de networking transfronteirizo entre o tecido produtivo (industria, empresas, proxectos empresariais, etc...) e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento (USC, Universidade do Porto, departamentos de investigación das empresas). O obxectivo da xornada é fomentar a colaboración entre ambos grupos para o intercambio de coñecemento e experiencia, así como valorar as posibilidades de negocio conxuntas.
-
PROGRAMA AKADEMIA Edición 2020-2021
09 de outubro de 2020
(Programa de Innovación on line gratuíto para alumnos da USC) A AVTE da USC e Uninova están a organizar en colaboración coa Fundación Innovación Bankinter unha nova edición do Programa de Innovación AKADEMIA e, nesta ocasión e debido as circunstancias especiais que estamos vivindo, ven con novidades moi interesantes. En primeiro lugar, vaise facer un programa on line con tres convocatorias distintas para intentar adaptarse mellor aos distintos horarios do alumnado. Por outra banda, os alumnos terán a oportunidade de integrarse en grupos formados por alumnos das catro universidades participantes (USC, Universitat Politècnica de València, Universitat Pompeu Fabra e Universidad Loyola). Por último, e a diferencia dos anos anteriores, a participación na presente edición terá carácter gratuíto para os alumnos da USC.
-
Concurso ideas e proxectos SPIN_UP
Do 06 de xullo de 2020 ao 30 de setembro de 2020
Uninova, como líder do proxecto Spin_Up “Definición e implementación de núcleos locais de transferencia para a promoción de SpinOffs Universitarias e StarUps innovadoras”, organiza un concurso de proxectos innovadores destinado a toda a comunidade universitaria galega. Procúranse ideas innovadoras que plantexen solucións a necesidades actuais da industria na área de Santiago de Compostela.
-
Proxecto Spin_Up
30 de marzo de 2020
Uninova lidera o proxecto Spin_Up "Definición e implementación de NLT para a promoción de SpinOffs Universitarias e StartUps innovadoras”

Quén somos?
Uninova (Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, M.P., S.L.), impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e a USC, ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais innovadoras.
A súa finalidade é a de fomentar, facilitar, promocionar e impulsar toda clase de actuacións xeradoras de ocupación e de actividade económica na área de Compostela para contribuír á consolidación no Concello de Santiago de Compostela dun tecido económico xerador de emprego, riqueza e innovación.
A Sociedade realiza, ademais, pola súa condición de medio propio do Concello, servizos obxecto do encargo por parte do mesmo, podendo desenvolver as actividades económicas cuxo obxecto estea relacionado cos seus fins sociais.


Incubación Física
Uninova colabora cos axentes que ofrecen Servizos de Incubación Física ás empresas no Concello de Santiago de Compostela, actuando de facilitador, para que poidan acceder tanto aos espazos de incubación da Universidade de Santiago de Compostela, como ao Viveiro da Cámara de Santiago.

Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela ofrece espazos de incubación para empresas que precisen módulos de laboratorio e a infraestructura loxística e tecnolóxica necesaria para a incubación e aceleración dos seus proxectos en calquera área tecnolóxica. Tamén ofrece unha zona de servizos común, especialmente enfocada a proxectos biotecnolóxicos, como sala de cultivos, sala branca, PCR, HPLC, sala de conxeladores, etc.
Datos de contacto:
Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE)
Universidade de Santiago de Compostela
Avenida das Ciencias, 6, 4ºD.
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
usc.gal/avte
avte@usc.es

Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago
O Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago é unha alternativa idónea para emprendedores, empresas que inician a súa aventura empresarial e empresas xa constituídas.
Trátase dunha estrutura de acollida e apoio temporal óptima para o nacemento, arranque e consolidación de novos proxectos empresariais. É por tanto, moito máis que un edificio singular. Moito máis que un espazo para o aloxamento de empresas.
É un espazo de acompañamento empresarial, onde o emprendedor ademais de servizos de infraestrutura e loxística, vai recibir formación, titorización e asesoramento especializado segundo as necesidades propias de cada proxecto e vai poder formar parte da maior rede empresarial de toda Europa: a REDE INCYDE.
Este é o seu verdadeiro elemento diferenciador e o seu valor engadido, o cal lle permitiu invertir a taxa de mortalidade das empresas incubadas e ser recoñecido pola Fundación das Caixas de Aforros (FUNCAS) como o mellor Viveiro de Empresas de España.
Datos de contacto:
camaracompostela.com
981 596 800
serviciotecnico@camaracompostela.com
Servizos de
Incubación Virtual
- Asesoramento e seguimento de proxectos
- Acceso á oferta formativa propia e externa
- Domiciliación social e fiscal da empresa na nosa dirección
- Información sobre axudas
- Atención telefónica
- Inclusión da empresa na web
- Recepción de correspondencia
- Salas de reunión
- Acceso á rede de contactos de Uninova