CAMPUS FORMATIVO IBEROBIO

CAMPUS FORMATIVO IBEROBIO

Do 26 de xuño de 2025 ao 31 de decembro de 2025

Formación práctica adaptada ao ecosistema biotech

A plataforma inclúe contidos avanzados estruturados en varios bloques temáticos que abordan desde aspectos xerais do comercio exterior ata elementos específicos do sector biotecnolóxico. Entre os seus recursos destacan:

Autoformación especializada, con módulos sobre o proceso de internacionalización, márketing dixital, pitch de vendas, feiras e eventos crave, intelixencia de mercado, negociación internacional ou selección de mercados e clientes.

Contidos específicos para o sector biotech, como informes sobre as características do ecosistema biotecnolóxico en España e Portugal, e un módulo con información actualizada sobre mercados internacionais.

Webinars temáticos, centrados en internacionalización e financiamento, que permiten ás empresas profundar en áreas crave co apoio de profesionais do sector.

Ademais, o campus pon ao dispor dos usuarios unha ferramenta de autodiagnóstico do potencial de internacionalización, que permite identificar o nivel de preparación de cada empresa para deseñar un itinerario de aprendizaxe a medida.

Unha aposta polo talento, a transferencia e a apertura de fronteiras

Con esta nova plataforma, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o conxunto de socios de IberoBio reafirman o seu compromiso co impulso dun ecosistema biotecnolóxico máis sólido, interconectado e preparado para competir a nivel global. O Campus IberoBio non só reforza as capacidades técnicas das pemes, senón que tamén promove a colaboración, a transferencia de coñecemento e a xeración de novas oportunidades no territorio POCTEP. O campus está xa dispoñible e aberto a empresas, startups e axentes do sector interesados en mellorar as súas capacidades, acceder a recursos útiles e avanzar na súa estratexia de crecemento. Máis información e acceso á plataforma formativa en: https://campus.iberobio.eu/https://iberobio.eu  

 

  1. PROGRAMA AKADEMIA

    PROGRAMA AKADEMIA

    Do 12 de setembro de 2025 ao 31 de xaneiro de 2026

  2. CAMPUS FORMATIVO IBEROBIO

    CAMPUS FORMATIVO IBEROBIO

    Do 26 de xuño de 2025 ao 31 de decembro de 2025

  3. Carta da alcaldesa.

    Carta da alcaldesa.

    Do 13 de marzo de 2025 ao 30 de abril de 2025

  4. Plataforma Loxística de distribución de mercancías

    Plataforma Loxística de distribución de mercancías

    Do 12 de marzo de 2025 ao 30 de abril de 2025

  5. ERASMUS FOR YOUNG ENTREPRENEURS incorpora a Reino Unidos, Estados Unidos, Canadá e Singapur como destinos de intercambio empresarial fortalecendo as PEMEs europeas con oportunidades globais.

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494