POCTEP IBEROBIO: Xornada da Industria: Maker Faire Galicia
Do 09 de decembro de 2024 ao 17 de xaneiro de 2026
A xornada, que comezará ás 10.00 horas cun café de benvida e visita ás casetas, incluirá unha selección dos 10 mellores proxectos do Call for Makers 2024, procedentes de diferentes puntos de España, que estarán expostos durante todo o día.
Entre os grandes nomes que participarán nesta xornada atópanse:
Eduardo Fernández, director do Instituto de Bioingeniería da Universidade Miguel Hernández e do grupo de Neuroingeniería Biomédica do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Bioingeniería, Biomateriales e Nanomedicina (CIBER-BBN). É un referente mundial no campo da bioingeniería. O seu traballo céntrase no desenvolvemento de neuroprótesis visuais e na mellora da biocompatibilidad de implantes neuronais, explorando a conexión directa entre o cerebro e sistemas artificiais. Recentemente liderou o Congreso Internacional The Brain and The Chip 2024 en Elx, compartindo espazo con líderes como Daniel L. Adams, de Neuralink, para explorar os límites da neurotecnología na restauración de funcións sensoriais e motoras perdidas.
Yaiza Rubio, Chief Metaverse Officer en Telefónica, quen ofrecerá unha visión pioneira sobre o impacto do metaverso e a ciberseguridade no futuro dixital. Rubio, recoñecida como a primeira hacker española en participar nos prestixiosos eventos DEF CON e Black Hat Briefings, lidera actualmente proxectos como "Network Tokenization".
Mónica Belo, compostelá e directora de Arts at CERN, recentemente galardoada nos prestixiosos premios S T ARTS da UE polo seu programa de residencias que conecta arte e ciencia. Belo compartirá como estas dúas disciplinas poden inspirar novas formas de comprender e transformar a sociedade.
Adrián Mosquera Orgueira, hematólogo e investigador no Hospital Universitario de Santiago de Compostela e no IDIS, lidera o Grupo de Hematoloxía Computacional e Xenómica (GrHeCo-Xen). Combina a súa práctica clínica co desenvolvemento de proxectos de intelixencia artificial para personalizar tratamentos oncohematológicos, mellorar diagnósticos e descubrir novos fármacos mediante algoritmos avanzados e modelos de aprendizaxe profunda.
Ademais das conferencias, de 14.45 a 15.45 horas haberá presentacións breves onde startups e profesionais galegos/as do ámbito biotech presentarán os seus proxectos máis innovadores. A xornada tamén incluirá un pitch de proxectos finalistas, un xantar de networking e finalizará coa entrega de premios, recoñecendo as mellores iniciativas desta edición.
Resumo do programa:
10.00 - 10.30 Café de benvida e visita ás casetas
10.30 - 11.00 Mesa inaugural
11.00 - 11.30 Eduardo Fernández - UMH
11.30 - 12.00 Yaiza Rubio - Telefónica
12.00 - 12.30 Mónica Belo - CERN
12.30 - 13.00 Adrián Mosquera Orgueira - IDIS
13.00 - 13.30 Pitch de presentación de proxectos finalistas
13.30 - 14.30 Comida networking
14.30 - 15.40 Talento Galego Biotech
15.40 - 16.00 Entrega de premios
A asistencia ao evento é completamente gratuíta, con prazas limitadas a 120 asistentes. Inscricións dispoñibles en: Formulario de inscrición