INDROPS MEDIO AMBIENTE, S.L. desenvolveu un proxecto no cadro da convocatoria CONSOLIDA BIO
Do 10 de outubro de 2023 ao 10 de outubro de 2024
No devandito proxecto a empresa está a desenvolver 2 liñas de innovación:
- A primeira liña está enfocada a cubrir as demandas detectadas no mercado debidas á tendencia actual que existe en todos os sectores industriais cun enfoque cada vez maior ao respecto polo medio ambiente. O sector da xestión dos residuos, en particular, é un sector implicado de forma directa no respecto ambiental e, á súa vez, está a ter cada vez unhas esixencias máis grandes derivadas da crecente normativa de aplicación así como da propia implicación do sector. Para iso abordouse o proceso de acreditación de INDROPS como entidade de inspección para residuos conforme á ISO17020. ALCANCE DE ACREDITACIÓN (enac.es) INDROPS leva anos realizando análises de residuos, co que coñece ben o sector, e, a partir de agora, como entidade de inspección, poderá dar un servizo completo tanto aos produtores, como dos xestores de residuos para axudarlles na consecución das súas esixencias ambientais con todo o seu equipo técnico e avalado por ENAC coa acreditación ISO 17020. Ademais, ten previsto iniciar unha nova liña de negocio consistente no servizo de valorización de residuos, baseándose na caracterización inicial dos residuos e posterior análise das diferentes opcións de reutilización e valorización dos residuos.
- A segundo está centrada no desenvolvemento dun sistema de cultivo de anfípodos (Corophium spp.) no laboratorio para o seu posterior uso en bioensaios (ensaios biolóxicos) para avaliar o grao de toxicidade dos sedimentos mariños. O cultivo no laboratorio proporcionará a Indrops vantaxes tanto competitivas como de calidade e axilidade nos resultados obtidos, logrando reducir os problemas de dispoñibilidade no medio natural debido ao seu ciclo biolóxico e conseguindo poboacións estandarizadas reducindo a variabilidade nos ensaios debida á diferenza entre poboacións. Para levar a cabo estas dúas liñas de innovación, incorporouse novo instrumental de laboratorio que, xunto coa construción dunhas novas instalacións, permitirán a INDROPS abordar con solvencia os novos proxectos desenvolvidos. E todo iso está financiado dentro da convocatoria CONSOLIDA BIO.