
Concurso ideas e proxectos SPIN_UP
Do 06 de xullo de 2020 ao 30 de setembro de 2020
As iniciativas deben estar relacionadas coas seguintes 4 áreas produtivas:
Agro-Bio, Industria alimentaria; Industria da Transformación 4.0; Industria Creativa, TIC, Turismo; Saúde, Envellecemento activo.
A finalidade é a creación de empresas (SpinOffs ou StartUps) a partires da transferencia de tecnoloxía e coñecemento.
Para iso ás ideas seleccionadas asignaráselle un promotor empresarial (plan de empresa, análise de viabilidade, elevator-pitch), un titor para coordinar e dar apoio ao proceso, un mentor con experiencia para asesoramento naquilo que se precise, asesoramento en materia de propiedade intelectual e industrial, posibilidade de asociarse cun socio industrial para o desenvolvevemento do proxecto e asistencia a foros de inversión para obter financiamento, se fora posible, para a posta en funcionamento da empresa. Todo este proceso está valorado en aproximadamente 4.500 euros por iniciativa.
O prazo de presentación de propostas vai desde o día 6 de xullo ata o día 30 de setembro de 2020, ambos inclusive.
Podes consultar as bases aquí
Para a inscrición ir á https://spinup-project.eu/proyectos-emprendedores/