Campus Emprende Verán 2023
Do 19 de xuño de 2023 ao 15 de xullo de 2023
A participación pode ser individual ou en equipo e a formación apostará por un modelo participativo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, que combinará a exposición de especialistas, charlas con persoas emprendedoras e titorías personalizadas telemáticas, en horario de 16.30 a 18.30 horas. Como resultado da formación, o último día de cada campus as iniciativas participantes expoñerán o seu modelo de negocio diante do claustro formativo. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 25 de xuño de 2023 e poderá formalizarse a través dun formulario en liña.
Ferramentas de xestión estratéxica que permitan analizar e crear modelos de negocio como é o caso de CANVAS, o estudo de mercado, e os plans organizativo e financeiro serán algúns dos temas abordados xunto coa exposición de exemplos emprendedores.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN:
https://forms.office.com/pages/responsepage.aspx?id=m4ijqOugyUKHjD6euNWpWn_uTPMP_DZEivhMSqRBD_BURUE5MkxNRjFLOVE3WTc5TDA3OFgyTE8wVS4u