IberoBio pecha tres anos de colaboración transfronteiriza cun compromiso de continuidade
Do 28 de novembro de 2025 ao 30 de xuño de 2026
Os socios do proxecto manifestaron unha clara vontade de manter viva a evolución das ferramentas desenvolvidas mais alá da finalización formal da iniciativa.
Un dos momentos mais significativos da xornada foi a sinatura da Declaración de Intencións para a continuidade do Polo Ibérico Transfronteirizo de Biotecnoloxía. Este compromiso, suscrito por todos os socios do proxecto , reforza a colaboración transfronteiriza iniciada con IberoBio e que senta as bases para novas iniciativas conxuntas neste ámbito, o que reafirma que IberoBio é un punto de partida estratéxico, non un peche, e que a súa proxección futura será determinante para consolidar un ecosistema biotech mais conectado, innovador e sostible.
O proxecto 0041_IBERO_BIO_6_E está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER no marco do programa INTERREG VI A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.