PROGRAMA AKADEMIA Edición 2023-2024.Curso de innovación on line gratuito para alumnos da USC
Do 12 de setembro de 2023 ao 09 de febreiro de 2024
Sesións do curso:
Cada unha das nosas sesións será guiada por un experto de referencia no seu campo, persoas con experiencia, coñecemento e visión que te presentarán cada unha das súas áreas desde unha perspectiva que no tiñas visto ata o de agora.
Sesión 1 — Presentación e benvida de mentes in
Sesión 2 — InnovAcción: ideas do papel á realidade
Sesión 3 — Que sabes da enerxía? Explorando novas fronteiras
Sesión 4 — Por que a auga é a grande mentireira?
Sesión 5 — De que falamos cando falamos de telecomunicacións
Sesión 6 — Caso práctico: deseño de algoritmo de IA
Sesión 7 — Sondando as oportunidades do big data
Sesión 8 — Creando intelixencia artificial
Sesión 9 — Qubits: descifrando a revolución cuántica
Sesión 10— Caso práctico: presentación final
Metodoloxía
Sesións en directo de 1 hora e cuarto de duración
20 expertos
Prazas limitadas
90 prazas, 30 por convocatoria.
Para a inscrición…
Nesta edición, teremos 3 convocatorias, luns, mércores e venres, en 3 horarios diferentes, para que poidas inscribirte no día que mellor se axuste á túa axenda.
Para inscribirte tes que enviar o teu currículo ou o teu perfil en linkedin e unha carta de motivación a través da páxina web que figura a continuación, indicando no teu rexistro que es alumno da USC.
Akademia de Fundación Innovación Bankinter (fundacionbankinter.org)
Calendario das sesións :
Convocatoria 1
Luns de 16 a 17:15 horas
Duración: do 9 de outubro a 29 de xaneiro 2024
Data límite de inscrición: 29 de setembro
Convocatoria 2
Mércores de 12:30 a 13:45 horas
Duración: 4 de outubro a 31 de xaneiro 2024
Data límite de inscrición: 29 de setembro
Convocatoria 3
Venres de 12 a 13:15 horas
Duración: 6 de outubro a 9 de febreiro 2024
Data límite de inscrición: 22 de setembro
Para máis información, podes poñerte en contacto con UNINOVA en rosa.sanchez@uninova.gal ou aquí