A Unión Europea Lanza o Programa Erasmus para Novos Emprendedores no que Uninova participa como Organismo Intermedio

A Unión Europea Lanza o Programa Erasmus para Novos Emprendedores no que Uninova participa como Organismo Intermedio

Do 01 de febreiro de 2019 ao 31 de xaneiro de 2023

Os requisitos que debe cumprir o novo emprendedor para poder optar a unha bolsa neste Programa son os seguintes: ter un plan de empresa, contar con menos de 3 anos de experiencia levando a propia empresa, ter a residencia permanente en España e, ademais, estar motivado para vivir unha experiencia que seguro marcará a súa traxectoria empresarial.

Por outra banda, este programa tamén vai dirixido a aquelas empresas PEMES españolas dispostas a acoller emprendedores de outros países da UE, neste caso, os requisitos son que os empresarios de acollida (Host Entrepreneurs – HE) teñan máis de 3 años de experiencia en xestión empresarial, estean interesados en compartir o seu coñecemento e que a empresa teña a súa base de operacións en España.

Os novos emprendedores participantes beneficiaranse da oportunidade de aprender dun empresario con máis experiencia noutro país, facilitando o acceso a novos mercados e a busca de socios comerciais. Así mesmo, os empresarios máis experimentados que acollan nas súas entidades aos novos emprendedores poderán abrir o seu mercado a outros países da Unión Europea e entrar en contacto con novas e estimulantes ideas.

O Programa “Erasmus para Novos Emprendedores” promove a iniciativa empresarial, a competitividade, a internacionalización e o crecemento das PEMES na Unión Europea. Ademais, contribúe á transferencia de coñecementos técnicos e ao desenvolvemento da capacidade de xestión das PEMES.

UNINOVA, como organismo intermedio (Intermediary Organisation - IO) leva a cabo as labores de coordinación e apoio aos emprendedores e empresas participantes, así como a xestión dos emparellamentos empresariais (matchings) que se xeren no cadro do Programa.

Para máis información:

UNINOVA

Rosa Sánchez Santos

+34 881 815 596

rosamaria.sanchez@usc.es

Web oficial del Programa  www.erasmus-entrepreneurs.eu

Proyecto YEIM: https://entrepreneurinmotion.eu

Plataforma YEIM: http://www.yeimplatform.eu

   

CONTACTO

Localización

UNINOVA

Edificio Cersia Empresa

Rúa do Alcalde Raimundo López Pol
15707 Santiago de Compostela, A Coruña - SPAIN

+34 981 542 494